A FCG asina un acordo para realizar a súa próxima Exposición Galega da Pomba Mensaxeira no Gaiás - Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

 

 

A exposición terá lugar en Decembro, na sala de conferencias, que conta cun espazo reservado de máis de 500 m2, no cal se situarán as pombas participantes da exposición.

 


Este ano, a diferencia de outros, a exposición estará aberta ó público, dende o sábado pola mañá ata o Domingo ó mediodía, momento no que terá lugar o clásico xantar e a entrega dos premios acadados na tempada.


Queremos dar a coñecer o noso deporte, e estase a elaborar un plan estratéxico moi ambicioso, que enfocará a exposición tanto ó columbófilo coma todas aquelas persoas que desperten neste deporte a súa curiosidade.


Inda queda moito para a data pero xa estamos a poñer todas as ganas e ilusión para que este sexa un acto inolvidable.


Iremos dando máis detalles, a medida que se vaian confirmando os actos da axenda, estade atentos!