Este dossier quere ser unha homenaxe ás pombas que conseguiron chegar aos seus pombais desde Lloret de Mar ou desde Girona no día da solta, e un recoñecemento expreso aos seus propietarios, os columbófilos galegos que vibraron de emoción cando as viron chegar a casa. Como a memoria é fraca pensei que deberiamos deixar rexistro escrito destes feitos: das nosas pombas emblemáticas e dos compañeiros que acadaron estes fitos senlleiros dos que nos sentimos tan orgullosos. Para non esquecer a nosa historia.

Lloret de Mar é o sinal de identidade máis emblemático da nosa columbofilia, a nosa solta máis representativa. Todos os ollos da columbofilia española están postos en nós ese día. Lloret é tamén a mostra inequívoca da nosa intención teimuda e histórica de buscar os límites das nosas pombas. Desde 1966 até o ano 2006 a columbofilia galega tivo en Girona a súa solta de maior percorrido e desde 2007 imos no seu lugar a Lloret de Mar, ámbalas dúas con distancias similares, por riba dos 900 km. nas provincias da Coruña e Pontevedra e con máis de 850 para os columbófilos de Lugo, cun rango que vai desde os 970 aos 850 km.

Prema no pdf adxunto pra ver o artigo compreto.