Saúde;

Nos derradeiros días estamos a asistir á evolución sanitaria, social e administrativa do Coronavirus, feito que como é lóxico estanos a afectar a diferentes niveis e non tardará moito en facelo ó deportivo, columbofilamente falando.

Tras unha reunión previa das federacións deportivas galegas cos responsables de deporte na Xunta, as conclusións acadadas son que esta última obliga, como mínimo, á celebración dos eventos deportivos a porta pechada, deixando a criterio das federaciones dar pasos máis importantes como a suspensión ou cancelación destes.

Todos somos conscientes de que o noso deporte presenta diferentes particularidades que o fan alleo a este tipo de protocolos, non véndose afectada a competición polo momento. Aínda que seguiremos atentamente o devagar da situación administrativa a fin de controlar posibles interferencias futuras, ben sexa a nivel de acceso a outras CCAA, ou ben a libre tránsito de mercadorías e animais.

Esta federación entende que o principal problema que se nos plantexa agora mesmo se atopa a nivel de agrupación de persoas nos locais de enceste. Por eso pedimos polo momento prudencia e sentido común e que no momento de xuntarse no club, se sigan atentamente aqueles protocolos e recomendacións das autoridades sanitarias, así como os consellos sanitarios anunciados para o caso.

Atentamente;

 

Carlos Padín Cores - Presidente da FCG