Estimados compañeiros;

Derivado da situación actual que estamos a vivir nos derradeiros días, como sabedes, o goberno ven de aplicar unha serie de medidas que nos afectan directamente na práctica deportiva e no correcto desenrolo da mesma.

Quedando restrixido o tránsito, salvo para aquelas excepcións marcadas no Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, non nos queda máis remedio que parar o desenrolo da campaña á espera de ver como se desenvolven os acontecementos e decisións das semanas que están por vir.

Por outra parte, a Federación Columbofilia Galega comprende que moitos dos seus deportistas non van a poder desprazarse para proceder á apertura de reloxos posterior á solta de Puebla de Sanabria, polo que, por sentido común, o prazo para enviar os arquivos dos clubs queda aberto sen data límite para que todos aqueles que aínda non cerráchedes o concurso o poidades facer cando a situación volva a normalizarse.

Pra rematar, persoalmente gustaríame enviarvos a todos moito ánimo. Estamos a vivir unhas datas que a maioría de nós nunca pensamos en ter que presenciar. Pero coa colaboración e bo facer da maioría, e unha chisca de senso común, pronto quedarán para a lembranza.

Unha aperta moi grande. Atentamente;

Carlos Padín Cores - Presidente da FCG