.Benqueridos compañeiros;

 
Logo da comunicación de varios socios da inquedanza de non poder desprazarse para atender algúns pombais que non se atopan no lugar do domicilio habitual, debido ás restriccións de tránsito que debemos afrontar nestas datas, a Federación Columbofilia Galega, tras poñer en coñecemento a situación ante a Real Federación Columbofilia Española, roga que na medida en que poidades, lle fagades chegar a través do voso clube e vía correo electrónico a Manolo Rey os datos (nome, DNI, número de licencia, dirección do domicilio e do pombal) daqueles socios que precisen desprazarse no seu vehículo particular para atender as súas pombas. 
 
Estes faranse chegar á RFCE, para que tramite un certificado a fin de que, xunto coa vosa licencia, o poidades presentar ante aquelas autoridades fronte ás que poida ser preciso acreditar que vos desprazades para alimentar ós vosos animais.
 
Lembrarvos que este certificado non sería unha "carta branca", e sempre estaría á disposición dos axentes que o precisen, dándolle estes validez segundo as circunstancias de cada momento e caso particular. Polo que vos pedimos seriedade e senso común a aqueles que o precisedes e o solicitedes. 
 
Aproveito para enviarvos moito ánimo e os mellores desexos de saúde a todos vos e ás vosas familias. Quedan por vir datas moi difíciles, pero se todos botamos unha man e nos concienciamos coa situación, en pouco tempo estaremos desfrutando de novo dun grande tesouro que  non eramos conscientes de que tiñamos.
 
Un saúdo moi grande a todos.
 
Carlos Padín Cores - Presidente da FCG