Estimados compañeiros;

Antes de calquer outra cousa, agardo que vós e as vosas familias vos atopedes ben, e que teñades pasado esta etapa chea de incertidume do mellor xeito posible. Tede a certeza de que pronto volveremos a saír adiante, como tantas e tantas veces temos feito antes.

O motivo deste escrito é comunicarvos que, dende a suspensión da nosa campaña, os diferentes organismos da FCG estiveron a traballar, tanto coa administración, como cos diferentes organismos deportivos, para estar preparados ante diversos escenarios de reinicio da nosa actividade. Obviamente, todo plan que teñamos pensado está supeditado ás decisións que as autoridades competentes vaian tomando semana tras semana. Dende a FCG queremos estar preparados ante un posible levantamento das restriccións sanitarias e de movilidade, que ata a data nos impediron competir.

A idea é retomar a actividade o antes posible logo de que se nos permita legalmente volver a voar. Obviamente, a data de hoxe todo son especulacións e incluso cabe a posibilidade de que non se nos permita, pero en todo caso debemos estar preparados para poder comezar no menor espazo de tempo posible unha vez sexa posible e aproveitar o que poidamos das datas hábiles que teóricamente nos quedan.

Dadas as circunstancias nas que nos atopamos, os días que están por vir van a estar cheos de dúbidas e improvisación, tamén no eido dun posible calendario, permisos de solta de cara outras comunidades, etc. Por iso, aínda que esté de máis dado que sempre é así, gustaríame pedirvos compresión e colaboración ante os novos escenarios nos que se poida desenrolar unha posible volta á competición, e que hoxe en día son para nós igual de escuros que para o resto.

Todos sabemos que pode que non sexa así, pero confiemos en poder retomar a campaña durante o mes de maio, como moi tarde a primeiros de xuño. Para esto, pedímosvos que antes do día 4 de maio, lle fagades chegar a Manolo Rey, vía correo electrónico, unha previsión da participación (columbófilos e pombas) coas que, en caso de querer, comezariades a voar.

Pra rematar, comentarvos que actualmente non contamos con ningún calendario pechado, xa que descoñecemos todo o que está por vir. Si barallamos diferentes posibilidades, que se concretarán cos organismos oportunos tan pronto teñamos a certeza de poder recomezar.

Lembrade que o máis importante agora mesmo é a vosa saude e a das vosas familias. Precisamente esa idea está profundamente ligada á culombofilia, pois sempre se cultivou no eido da familia e precisou da axuda da mesma para sacarse adiante. Queremos que as nosas parellas, as nais e pais, os cativos e cativas que nos axudan coas cousas de pombas do día a día estén ó 100% para cando nos volva a facer falla esa asistencia extra no pombal.

Recibide todos unha forte aperta.

Atentamente, Carlos Padín Cores - Presidente da FCG